

Dende o CD.Fontiñas queremos agradecer o traballo dos nosos grupos de show e felicitalos pola gran actuación do pasado sábado, no Campionato Galego de Grupos Show.
O noso grupo senior acadou o 4º posto na categoría de Grupos pequenos coa coreografía “Esclavos modernos” e o Grupo grande, finalizou en 6º posto coa súa proposta “Héroes cotidianos”. Este ano foi o primeiro campionato galego para moitos dos nosos patinadores, e polo tanto non podemos estar máis orgullosos co resultado. Os felicitamos e animamos a seguir traballando, coa mesma ilusión como ata o de agora. Asimesmo, queremos agradecer a entrega das nosas patinadoras Senior, que tantos anos levan traballando para representarnos. Polo seu esforzo á hora de compatibilizar traballos, estudos etc cos adestramentos., e farcernos disfrutar cada vez que saen á pista.
Queremos facer unha mención especial a Zeltia García e Ana Santos, adestradoras dos grupos de show, polo traballo que veñen realizando durante a tempada!
NORABOA a todos os campións! Desexámoslle moita sorte os equipos que nos representarán no Campionato de España de Grupos Show (Vilanova). Estamos seguros que deixaron o pavillón galego ben alto!!
Reseña e resultados. Páxina oficial Fed. Galega de Patinaxe