
PRAZO PARA APUNTARSE ÁS SAÍDAS DO DOMINGO:
Para anotarse as saídas do DOMINGO, o prazo ábrese o luns desa mesma semana, e péchase o xoves ás 20.30 h.
Para as saídas de máis días (Semana Santa, pontes, festivos, verán, etc.), ou eventos especiais (magosto, cocido, etc.), o prazo será indicado polo club dacordo coas súas necesidades organizativas.
CÓMO ANOTARSE ÁS SAÍDAS:
ENVIANDO un CORREO a: cdfontimontana@gmail.com poñendo no ASUNTO o nome da saÍda á que te queres apuntar.
Deberás ademais incluír:
– Se xa es socio: NOME E APELIDOS.
– Se aínda NON ES SOCIO (socio temporal):
· Nome e apelidos (os dous apelidos)
· Nº DNI (no caso de NON estar federado pola Federación Galega de Montaña)
· No caso de ESTAR FEDERADO indica o club que xestionou a túa licenza federativa.
· Móbil de contacto
· E-MAIL DE CONTACTO (un correo de uso habitual)
MOI IMPORTANTE: confirmarásevos mediante correo electrónico que tedes praza, e que quedades anotados á saída. NON efectuedes o pago da saída ata recibir esta confirmación.
O prazo para pagar finaliza ás 20:30h do xoves, da mesma semana na que se fai a ruta.
A praza CORRABÓRASE CO PAGO DA SAÍDA.
Se NON PODEDES asistir á ruta, agradeceriámosvos que nos avisarades canto antes (por email preferiblemente), para deixar a praza a outra persoa interesada; sempre antes do venres ás 13:00 h (horario de peche da oficina).
Se a baixa se comunica antes das 20:30h do xoves, e xa tiñades feito o pago, devolverásevos o importe da saída. Despois do xoves xa non procede a súa devolución.
En caso de haber lista de espera, a praza quedará para o seguinte interesado.
COMO EFECTUAR O PAGO:
O pago podédelo facer dende o momento no que o club vos confirma a praza e ata o xoves. Faise ben NA OFICINA da rúa Varsovia nº 4 C – piso 4º (que está dentro de Área Central), ou ben por TRANSFERENCIA BANCARIA na conta da sección de Montaña ES97-2080-0348-3630-4001-0668 (ABANCA))
Deberedes indicar sempre o NOME da PERSOA que vai realizar a ruta. No CONCEPTO debe aparecer tamén o NOME da SAÍDA.
En ningún caso se cobrarán as saídas no autobús.
É necesario levar sempre o comprobante do pago da saída, o DNI e o carné federativo.
IMPORTANTE : é necesario estar asegurado para participar nas rutas do club. (véxase pestana federación /seguro deportivo)
É imprescindible ir asegurado ás rutas polo que, se non tes a licenza federativa de montaña vixente, deberás pagar 3 euros a maiores do prezo da saída (seguro deportivo que temos para estes casos). O seguro deportivo pagarase conxuntamente co pago da saída.
Para realizar algunhas saídas será necesario estar federado, se o posible risco que tiveran así o esixira .