– Para participar nas actividades do club, é obrigatorio ser socio e estar ó día no pago da cuota.
– O prezo actual é de 40 € por tempada.
– A temporada vai dende o mes de setembro de un ano ata o mes de setembro do seguinte (é cando habría que renovar mediante o pago, si se desexa seguir participando nas actividades que organiza o club)
– Os novos socios, deberán pasar pola oficina do club a cubrir unha ficha cos seus datos e pagar a cuota.
– Rógase domiciliar o pago das cotas de socio, pois iso redundará nunha xestión máis agil e cómoda para todos.
– Rógase gardar todos os recibos de pago, sobre todo os de cuota de socio, seguros e mensualidades de patinaxe.
– Todas as personas que participen nunha actividade do club, teñen que estar aseguradas mediante os respectivos seguros federativos (patinaxe e montaña) ou os seguros deportivos que teñamos contratados para as actividades.
– Agradécese que, si se produce algunha baixa, sexa na actividade de patinaxe, ou en algunha saída de sendeirismo/montaña, se comunique por correo electrónico preferentemente, para unha mellor organización e así deixar a praza para outra persoa interesada.
Calquera dúbida, queixa ou suxerencia sobre estas normas, pode poñerse en contacto con el club telefónicamente ou mediante correo electrónico.