cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA SECCIÓN DE PATINAXE    

– Toda persoa que asista á actividade do club, deberá facerse socio e cubrir unha ficha cos datos persoais.

– Os cobros mediante domiciliación bancaria, fanse nos dez primeiros días de mes, previo aviso por correo electrónico ós socios.

– O impago de dous meses consecutivos, conlevará a baixa da actividade. Calquera persoa que atope dificultades para pagar a actividade, nalgún momento puntual, pode comunicalo á directiva, mediante envío de correo electrónico a cdfontinaspatinaje@gmail.com, e se buscará unha solución.

– As baixas por enfermidade ou por imposibilidade de asistir ás clases de maneira xustificada, deberán notificarse mediante correo electrónico a: cdfontinaspatinaje@gmail.com , o cal non conlevará o cobro do mes, salvo que se asistira a algunha clase​ e sempre que se notificara antes de que realizara o cobro.

– As devolucións de recibos teñen un recargo por parte do banco, que se cargará no seguinte recibo que se emita.
​-​Todos os patinador@s deberán estar asegurados obrigatoriamente mediante seguro federativo ​ para participar nas actividades do club.

– A licenza federativa da Federación Galega de Patinaxe, ten cobertura anual (de xaneiro a decembro), o prezo varía en función da categoría (idade) do patinador@.  Este prezo o marca a Federación Galega de Patinaxe e pode variar cada ano.Se avisará por correo electrónico ós socios dos prezos, forma e prazos para tramitala, (normalmente se fai no mes de decembro).

– Durante as clases, NON ESTA PERMITIDA A PRESENZA DOS PAIS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (vestiarios, gradas…etc.) excepto para os pais dos grupos A e B que poderán entrar 10 minutos antes do inicio da clase e 10 minutos despois da mesma, para axudar ós nenos a poñer e sacar os patíns (en caso de que non saiban facelo). Así mesmo, rógase empregar esos dez primeiros ou últimos minutos de cada clase para calquera consulta coas adestradoras, a fin de non entorpecer o bo desenrolo das clases.

– Algo moi importante que lle debemos inculcar ós nen@s é a PUNTUALIDADE, por respeto o resto do grupo e para non entorpecer as clases.

– Todos os patinadores deben adestrar con roupa deportiva adaptada á actividade, como por exemplo, chándal, leggins, mallas…etc. que lles permita estar cómodos á hora de realizar os adestramentos. NON ESTÁ PERMITIDO PATINAR CON VAQUEROS, FALDAS, ETC. Tamén é importante que os nen@s leven o pelo recollido e retirado da cara.

O club conta con unha equipación formada por chándal, malla de adestramento, camiseta, parka, portatraxes, etc. que se pode adquirir na oficina, previa consulta de prezos e tallas. A equipación (chándal, camiseta e malla de adestramento) é obrigatoria para todos os grupos que compitan.

– É obrigatorio a utilización de patíns en paralelo (non de liña). A partir do grupo C (incluído), será obrigatorio a utilización de patíns semi profesionais. Antes de compralos, aconsellamos consultar ás adestradoras.

– Para pertencer a calquer grupo de competición (Libre, Escola de Show, Show Grande ou Xuvenil) es obrigatorio asistir ás Escolas Deportivas, dado que é unha ferramenta máis para a mellora e eo aprendizaxe do patinador.

– A decisión de incluir ós nen@s nos grupos, sexa de competición ou de escolas deportivas é COMPETENCIA EXCLUSIVA do Equipo Técnico. Así como, decidir a qué competicións van e cando se presentarán os patinadores, tanto en Show como en Libre.

– En canto ós grupos de competición debe existir un COMPROMISO de ASISTENCIA e TRABALLO por parte dos  patinadores, en caso de non cumplilo, as adestradoras tomarán as medidas que consideren oportunas.

– NINGÚN patinador pode competir en dous clubes diferentes.

– Cando un patinad@r non poida acudir a unha competición, por motivos xustificados, debe comunicalo o antes posible e como mínimo 15 días antes da mesma.

– A tempada comenza  a principios de outubro e remata a finaies de xuño, excepto para os grupos de competición que comezan en setembro e rematan a mediados/finais de xullo ( Libre, Escola de Show, Show Grande e Xuvenil).

– Para competir é obrigatoria a asistencia ás clases de danza, posto que é un complemento indispensable para esta modalidade, pois vai enfocado á expresividade, elasticidade…etc, das coreografías de show.

– En caso de BAIXA deberá informarse tanto á adestradora como ao Club.