cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928

O Club Deportivo Fontiñas conta con nove grupos de patinaxe artística, divididos por nivel e idade dos patinadores. Dous grupos de iniciación, tres de perfeccionamento e catro de competición.

GRUPOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA NENOS

– Podes patinar con nós a partir dos 4 anos en diante

– É obrigatorio que o pai, nai ou titor d@ nen@ sexa socio do club e rechear na oficina a súa ficha e tamén a do deportista. Ademáis deberase ter o día a cuota mensual da actividade (recordamos que si dous ou máis irmáns patinan con nós, o maior pagará  a mensualidade completa e os demais  a metade)

– É imprescindible estar asegurado na actividade, mediante o seguro federativo de patinaxe ou seguro deportivo, en cada caso.

– Segundo o nivel do patinador/a e a idade, as monitoras lle asignarán un grupo determinado

– Nos grupos de escola deportiva C, D y E,  é obrigatorio o uso de patíns profesionais/semi-profesionais. Antes de mercalos se aconsella falar coas adestradoras para que vos indiquen cales podedes mercar

GRUPOS DE COMPETICIÓN

– Para patinar nos grupos de competición, os patinadores deberán ser seleccionados polas adestradoras do club

–  Os patinadores que pertenzan o grupo de competición, ou que pertenzan a un grupo de escola deportiva que compita nalgunha competición durante o ano  deberán ter o chándal do club, malla de adestramento e camiseta.

ANÍMATE A PATINAR CON NÓS!!