
O vindeiro día 18 de maio imos celebrar os trinta anos do Club Deportivo Fontiñas. Será unha ocasión para xuntarnos socios/as actuais e pasados/as, e homenaxear aos/ás fundadores e a toda a xente que con ilusión e esforzo fixeron posible que sigamos camiñando e patinando tantos anos despois.
Nesta xornada festiva haberá unha exhibición de patinaxe, unha pequena andaina, e unha comida de confraternidade.
PROGRAMA da celebración do 30 aniversario da fundación do Club Deportivo Fontiñas:
● Exhibición de patinaxe
Hora: 10:30 a.m.
Lugar: Pavillón de Fontiñas, rúa de Dublín n°3, Santiago.
● Andaina
Hora: 11:30 a.m.
Lugar: sairase do Pavillón de Fontiñas e faremos un percorrido polos arredores de Santiago, que nos levará ata o restaurante.
● Comida
Hora: 14:30 h
Lugar: Restaurante Carolo, Avda. de Vilagarcía n° 21, Santiago de Compostela.