cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

04
MAR
2014

¡GRAZAS!

by :
comment : Off

Os pasados 1 e 2 de Marzo gozamos en Compostela do incomparable espectáculo que nos brindaron os mellores equipos de Patinaxe Artística Grupos-Show de España.

O éxito da organizacion foi total grazas ao esforzo e a dedicación dos nosos nenos, papás, socios e amigos que de forma desinteresada se envorcaron na organización deste evento. Estas cousas son as que fan grande un Club, por enriba mesmo dos éxitos deportivos. Sentímonos unha familia traballando xuntos para conquerir esta meta. ¡Grazas a todos polo voso esforzo!

E se a isto se engade o bo facer das nosas patinadoras, a satisfacción é completa. Presentaron un excelente exercicio que lles valeu o 11º posto cunha cualificación de 78,10, nun grupo de seis equipos do 6º ao 11º nunha franxa de 1,1 puntos de diferenza; e cinco puntos por enriba do seguinte clasificado. E isto nun Campionato de España son palabras maiores. ¡Parabén rapazas! ¡Grazas por facernos sentir tan satisfeitos!

Creo que podemos ser optimistas cara ao futuro, porque as nosas patinadoras están a demostrar un gran nivel, e os nosos peques apuntan alto; daba gusto velos desenvolverse pola pista do Multiúsos.

Acerca del autor