

Tradicional camiñada a beneficio de UNICEF, que se inicia na Praza doObradoiro e percorrendo os parques de Galeras, Finca Simeón, Auditorio de Galicia e Vite, chega ata Ponte Mantible onde veremos o antigo acueduto que subministraba auga á cidade de Compostela. Dende este punto percorreremos Guadalupe e Cima dá Eira onde veremos un par de lavadoiros tradicionais e logo no Monte de Deus poderemos contemplar unhas vistas pouco usuais da cidade de Santiago, o Pedroso e o Val dá Mahia, coa Terra de Montes e o Monte Muralla no horizonte.
Toca logo baixar ata o Romaño e por camiños tradicionais remontaremos suavemente as faldras do Pedroso, finalizando o percorrido na Granxa do Sexto.
É un paseo moi doado que nos levará entre 3 e 3,5 h.
O prazo de inscrición está aberta ata o venres 3 de outubro na sede de UNICEF Comité Galicia en Santiago de Compostela, en Carreira do Conde 2, e o mesmo día da camiñada na praza do Obradoiro.
O prezo é de 5 euros e os menores de idade deberán acudir acompañados. O 100% dos fondos conseguidos destinarase aos programas de UNICEF