981 577 928 Vía Ferrata Senda do Santo+Curso de Manobras de Fortuna (Cedeira).
A segunda fin de semana de outubro imos facer unha nova actividade de montaña, unha VÍA FERRATA, en Cedeira. Unha vía ferrata consiste en facer un percorrido no medio natural, pero que segue un itinerario de progresión vertical ou
horizontal (que está equipado con elementos artificiais, grampas, banzos, caravillas, pontes colgantes, cadeas
ou tirolesas), e que se utilizan para progresar.
O sábado 11 facemos o curso de autoprotección e seguridade (chamado Curso de Manobras de Fortuna en Montaña).
E o domingo 12 xa facemos a vía ferrata propiamente, imos facer a Senda do Santo.
Tedes toda a información aquí



