

Dende o Club Deportivo Fontiñas, queremos colaborar coa campaña “TODAS SOMOS PROTAGONISTAS”, para tratar de facer un recoñecemento ás mulleres dándolles protagonismo, a través do apoio de todos e todas.
Para facer esta homenaxe están recollendo fotografías nas que aparezan as mulleres que cada persoa admira, para facelas protagonistas de un mural fotográfico que será exposto o día 8 de marzo na Praza do Obradoiro, e posteriormente na Cidade da Cultura.
Para colaborar na campaña, só é necesario que enviedes as vosas fotografías con aquelas mulleres ás que queirades facer un recoñecemento. Cada persoa pode enviar tantas fotos como queira. As fotografías poden enviarse a través da web http://www.todassomosprotagonistas.com e tamén a través das redes sociais, en Facebook na páxina Todas Somos Protagonistas e en Twitter, @TSProtagonistas, co hashtag #TodasProtagonistas.