981 577 928 Ruta Querinissima, do Cruceiro de Roo (Outes), a Noia: 22/02/2026
Comments : Off
Comezamos no Cruceiro de Roo, e continuamos por unha fraga de carballos, castiñeiros e loureiros ata a ponte do Ruso, no Camiño Real.
Subimos despois por unha congostra rodeada de bosques, ata o monte do Cristo.
E por unha pista forestal baixamos ata a ponte Nafonso, que é un privilexiado miradoiro do estuario do Tambre (espazo da Rede Natura 2000).
Xa no último treito camiñamos a carón do mar, pasando pola Barquiña, antes de rematar na vila de Noia.
Tedes máis información desta ruta aquí
E o seu mapa tamén o podedes ver



