981 577 928 24/05/2026: Ruta por Coles, Ourense.
Comments : Off
Empezamos a ruta na poboación de Vilarchao. Despois cruzamos un bosque entre os regatos de Gustei e Luisín, vendo restos de muíños.
Pasamos por Ribela (lugar de lecer nun remanso do río Miño), e polas aldeas de San Lourenzo, Levices e Belesar.
O último tramo facémolo por camiños agrícolas, rematando esta andaina na igrexa románica de San Miguel de Melías (S.XIII).
Aquí tedes toda a información.
E este é o mapa da ruta.
📸 Feita a ruta, aquí tedes o seu álbum de fotos



