
Ruta por Baños de Molgas: 06/04/2025
Comments : Off
Nesta andaina iremos por unha contorna de bosque autóctono, camiñaremos por vellos camiños cheos de musgo, polas beiras do río Arnoia.
Na pequena aldea de Santa Eufemia de Ambía
veremos a súa igrexa prerrománica do seculo IX.
Remataremos a ruta entrando na vila de Baños de Molgas pola súa ponte de orixe romana. Alí están as termas públicas nas que, se temos tempo, poderemos darnos un baño.
Aquí tedes toda a información desta ruta
E aquí o seu mapa