981 577 928 Ruta da Merca, Entrambosríos: 02/11/2025
Comments : Off
Esta ruta atópase na bisbarra de Celanova, e vai por longos e antigos camiños de ferradura, sempre rodeada por amplos bosques de piñeiros, carballos e castiñeiros.
Pasaremos por moitas aldeas: Entrambosríos, Olás, Fontao, Covas do Río, Paredes e Corneira. Algunhas delas están case abandonadas, máis noutras hai bonitos conxuntos de hórreos.
Dende os miradoiros
da Airiña da Lera e o de Pena Corneira, teremos boas vistas panorámicas.
Nalgún treito tamén iremos a carón do río Arnoia.
Tedes máis información aquí
E tamén podeded ver o seu mapa



