Xa está aberto o prazo para anotarse á ruta do domingo 12 de decembro, que faremos antes de ir comer ao restaurante Garum de Santiago; (o prazo para ir á comida xa leva varios días aberto). Recórdovos que SE PODE FACER SÓ a RUTA SEN IR DESPOIS AO RESTAURANTE, ou IR SÓ Á COMIDA, ou AS DÚAS COUSAS; polo que haberá tres prezos diferentes, sempre con recollida e volta no bus nos sitios de costume.
Na ruta andaremos a carón de tres ríos: Noa, Tambre e Mera. Farémolo por carreiros ben bonitos e por outros cómodos camiños.