

O pasado sábado, 4 de febreiro, celebrouse o Campionato galego de grupos show 2017 no pavillón das Travesas en Vigo. Organizado polo Club Carpa Viqueira.
O noso grupo show pequeno acadou a terceira posición coa coreografía “Ruído”, subindo o podium unha vez máis e clasificándose así para o Campionato de España, que se celebrará en Lleida os días 3 e 4 de marzo.
O grupo Grande que defendía a coreografía El-La acadou a 6º posición.
Queremos felicitar o club Gondomar e o Club Carpa, novos campións galegos en grupo pequeno e grande respectivamente. E a todos os grupos que co seu traballo, dedicación e esforzo, fan que a patinaxe galega estea no máis alto!
Noraboa a tod@s!!