cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
20
ABR
2026

Monte Godos-Fervenza de Rubio-Zaramacedo (Santiago-Boqueixón): 26/04/2026

Posted By :
Comments : Off

Con esta ruta de 22 km queremos mostrarvos unha parte da contorna leste de Compostela.

Saímos da entrada principal da Área Central e camiñamos cara ao monte Viso. Despois andamos polo val de Aríns e a carón do rego de Aríns (que aínda conserva a súa vexetación de ribeira).

E a continuación subimos polo monte dos Godos, desde onde hai vistas panorámicas de Santiago.

Unha vez que o atravesemos, encamiñámonos á aldea de Rubio (parroquia de Vigo), xa no concello de Boqueixón. Aquí veremos a fervenza de Rubio, que ten uns 5m de altura, e está no río Freixedo. Pola beira deste río damos volta cara a Santiago, pasando antes pola aldea de Zaramacedo (parroquia de Bando, concello de Santiago).

Tedes máis información desta andaina aquí

E tamén podedes ver o seu mapa

About the Author