981 577 928 Magosto: 16/11/2025
Coma tódolos anos por estas datas, facemos un magosto na casa de Beni, en Conxo. Esta comida é só para socias/socios fixos do club, tanto da sección de Montaña como de Patinaxe.
E antes, faremos unha pequena ruta duns 12kms. Saímos ás 10h da porta principal de Área Central (onde están os taxis), indo despois por camiños tradicionais das parroquias de Aríns, e do Eixo, ata a finca de Beni.
Alí, agárdannos as castañas que compartirán protagonismo cos callos, tortillas, e outros pratos; destacando as empanadas vexetais, por non falar do queixo con marmelo, viño, cervexa, café e “chupitos”.
Para nenos e nenas haberá hamburguesas e hot dogs.
O prazo para anotarse está aberto ata ás 20:30h do xoves, 13 de novembro.
O prezo do magosto é de 15€ para os adultos e de 6 € para nenas/nenos.



