cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
04
DEC
2024

RUTA+COMIDA do NADAL: 15/12/2024. Ruta Fervenza do Peilán (Piñor), e Comida en Santiago

Posted By :
Comments : Off

Nesta andaina polo concello de Piñor, imos por camiños e carreiros entre valos cheos de musgo, e rodeados de bosques autóctonos. Tamén andamos pola contorna fluvial do río Arenteiro.

Pasamos por diante dunha serie de muíños, e tamén de pontes e pontellas. Polo “Sendeiro ecolóxico de Peilán” chegamos á Fervenza do Peilán, coas súas pasarelas e arroios. Despois vemos os restos da antiga papeleira de Lousado.

Ao remate da ruta volvemos a Santiago para (os que queiran), ir comer neste restaurante.

Tedes toda a información desta andaina aquí

E o seu mapa tamén o podedes ver aquí

📸 Feita a ruta, aquí tedes as súas fotos

 

About the Author