cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928

PRAZO PARA APUNTARSE ÁS SAÍDAS DO DOMINGO:

Para anotarse as saídas do DOMINGO, o prazo ábrese o luns desa mesma semana, e péchase o xoves ás 20.30 h.

Para as saídas de máis días (Semana Santa, pontes, festivos, verán, etc.), ou eventos especiais (magosto, cocido, etc.), o prazo será indicado polo club dacordo coas súas necesidades organizativas.

CÓMO ANOTARSE ÁS SAÍDAS:

ENVIANDO un CORREO a: cdfontimontana@gmail.com poñendo no ASUNTO o nome da saÍda á que te queres apuntar.

Deberás ademais incluír:

Se xa es socio:  NOME E APELIDOS.

Se aínda NON ES SOCIO (socio temporal):

· Nome e apelidos (os dous apelidos)

· Nº DNI (no caso de NON estar federado pola Federación Galega de Montaña)

· No caso de ESTAR FEDERADO indica o club que xestionou a túa licenza federativa.

· Móbil de contacto

· E-MAIL DE CONTACTO (un correo de uso habitual)

MOI IMPORTANTE: confirmarásevos mediante correo electrónico que tedes praza, e que quedades anotados á saída. NON efectuedes o pago da saída ata recibir esta confirmación. 

O prazo para pagar finaliza ás 20:30h do xoves, da mesma semana na que se fai a ruta.

A praza CORRABÓRASE CO PAGO DA SAÍDA.

Se NON PODEDES asistir á ruta, agradeceriámosvos que nos avisarades canto antes (por email preferiblemente), para deixar a praza a outra persoa interesada; sempre antes do venres ás 13:00 h (horario de peche da oficina).

Se a baixa se comunica antes das 20:30h do xoves, e xa tiñades feito o pago, devolverásevos o importe da saída. Despois do xoves xa non procede a súa devolución.

En caso de haber lista de espera, a praza quedará para o seguinte interesado.

COMO EFECTUAR O PAGO:

O pago podédelo facer dende o momento no que o club vos confirma a praza e ata o xoves. Faise ben NA OFICINA da rúa Varsovia nº 4 C – piso 4º (que está dentro de Área Central), ou ben por TRANSFERENCIA BANCARIA na conta da sección de Montaña ES97-2080-0348-3630-4001-0668               (ABANCA))

Deberedes indicar sempre o NOME da PERSOA que vai realizar a ruta. No CONCEPTO debe aparecer tamén o NOME da SAÍDA.

En ningún caso se cobrarán as saídas no autobús.

É necesario levar sempre o comprobante do pago da saída, o DNI e o carné federativo.

IMPORTANTE : é necesario estar asegurado para participar nas rutas do club. (véxase pestana federación /seguro deportivo)

É imprescindible ir asegurado ás rutas polo que, se non tes a licenza federativa de montaña vixente, deberás pagar 3 euros a maiores do prezo da saída (seguro deportivo que temos para estes casos). O seguro deportivo pagarase conxuntamente co pago da saída.

Para realizar algunhas saídas será necesario estar federado, se o posible risco que tiveran así o esixira .