cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
05
ABR
2025

Domingo 27/04/2025: Andaina solidaria a favor da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Posted By :
Comments : Off

 

 

O domingo 27 de abril as dúas seccións do club, Patinaxe e Montaña, organizan unha andaina solidaria a favor do Programa Vacacións en Paz 2025, da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS)  https://sogaps.org/gl/

Sairemos ás 11h do C.C. Área Central, e daremos un paseo de 5km polos parques de Compostela, para rematar na Praza do Obradoiro.

O custo da inscrición é de 6 euros, que irán íntegramente para a citada asociación. E pode facerse neste correo: clubdeportivofontinas@gmail.com , ou unha hora antes no día da saída.

About the Author