

Os compañeiros do “Club de Montañeros de Pontevedra” organizan o día 11 de Decembro, o Día internacional das Montañas, unha andaina circular a partir das 11:00 polo Pindo, en defensa da creación dun Parque Natural. Adxuntamos o dossier da actividade. Os que desexen participar non deben inscribirse en ningún sitio, soamente trasladarse pola súa conta ata O Fieiro, punto de partida. É de reseñar que os participantes deben dispor dun seguro propio, tal como o da Federación Galega de Montañismo, pois eles non cubren esa eventualidade.
Proxecto da Andaina do Día Internacional das Montañas 2016.pdf-3