

O vindeiro sábado 13 de febreiro, terá lugar no Pavillón de Santa Isabel (Santiago de Compostela), o CAMPIONATO GALEGO DE SHOW, nas categorías XUVENIL e CUARTETOS. A competición dará comezo ás 17:30h . O noso club participa na categoría Xuvenil, coa coreografía “Bansky” e competiremos de 9º!!
Desexámoslle moita sorte a todos os participantes, pero sobre todo que disfruten do día!
Organiza o Club Campus Stellae Patinaxe de Santiago de Compostela