
Ampliámosvos a información sobre a viaxe da ponte de decembro á Serra do Gerés-Portugal:
- Queremos remarcar que a zona á que imos, NON foi afectada polo lume e as rutas non son complicadas.
- Esta saída está aberta tanto a socios fixos como socios temporais.
- O prezo desta saída é: 230 € (federados pola federación de montaña) / 239 € (para non federados, este prezo xa inclúe o seguro privado para estas saídas).
- A pre-inscrición alongouse ata o 30 de Outubro.
- O 7 de Novembro segue como data límite para poder cancelar a inscrición e recuperar todo o pago, incluídos os 50 euros da reserva.
- O mesmo 7 de Novembro é a data límite para pagar todo o diñeiro da viaxe (data límite para pagar, e data límite para cancelar sen custo).
- En caso de non cubrirse todas as prazas, ampliarase ata o 21 de Novembro o prazo para inscribirse e para pagar.
- Para anotarse, enviade un correo a cdfontimontana@gmail.com e confirmarémosvos, antes de facer o pago, se tedes a praza reservada ou se pola contra, quedades en lista de espera.
- Lembramos que só hai 35 prazas dispoñibles para esta saída e xa temos preinscricións e interesados!!!
Viaxe á serra do Gerȇs