Ainda quedan prazas dispoñibles para á viaxe á Serra do Gerés que faremos a vindeira ponte de decembro.
Lembramos:
A zona á que imos, NON foi afectada polo lume e as rutas non son complicadas.
Esta saída está aberta tanto a socios fixos como socios temporais.
O prezo desta saída é: 230 € (federados pola federación de montaña) / 239 € (para non federados, este prezo xa inclúe o seguro privado para estas saídas).
Para anotarse, enviade un correo a cdfontimontana@gmail.com e confirmarémosvos, antes de facer o pago, se tedes a praza reservada ou se pola contra, quedades en lista de espera.
Lembramos que só hai 35 prazas dispoñibles para esta saída e xa temos preinscricións e interesados!!!