

Informámosvos que xa se poden tramitar as licenzas federativas do ano 2018 a partir de agora.
Os prezos e modalidades aparecen no arquivo que vos achegamos. Cabe destacar que para o 2018 hai unha nova modalidade autonómica, máis económica que a B, coas mesmas coberturas nas actividades, pero só restrinxido ao ámbito de GALICIA.
En caso de necesitar algunha modalidade + suplementos, por favor, informádenos nun correo electrónico, pois posiblemente non apareza todo no concepto, no caso de pagar por banco.
Lembramos que o club só tramita a licenza a socios coa cota ao día, desta tempada 2017-2018, que comezamos en setembro.
Lembramos tamén que a primeira vez que se asocia unha persoa, ten que cubrir a ficha de socio na oficina.(Os mesmos datos que se piden na ficha, son os necesarios para tramitar a federación).
Agradecemos que aqueles que ingresen por banco, envíennos un aviso por correo electrónico para que esteamos decatados e así tramitar a licenza canto antes.
Unha vez chéguenos o carné á oficina do club, enviarémosvos, como vén sendo habitual, un aviso por correo para que pasedes a recollelo.
Os números de conta do club para aqueles que queiran renovar cota de socio e pagar a federación por banco, son os seguintes:
** Conta para pagar a COTA de SOCIO
É 98 2080-0394-15-3040000843 ( ABANCA) 30 €
Poñer nome e apelidos da persoa que se fai socio.
No concepto debe aparecer “COTA DE SOCIO”
** Conta para pagar SAÍDAS E FEDERACIÓN
É 97 2080-0348-36-3040010668 ( ABANCA)
Poñer sempre nome e apelidos da persoa que vai realizar a saída ou que tramita a federación, en cada caso.
Para a FEDERACIÓN: no concepto debe aparecer “FED. MOD…..”
Un saúdo a todos