cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
Ruta polas terras de Ponte Caldelas: Roteiro Azul e das Almiñas: 26/05/2024
Comments : Off
Nesta andaina de 16 km uniremos dúas rutas:
• O Sendeiro Azul, que vai pola beira do río Verdugo.
• E unha gran parte da Ruta das Almiñas e do Foxo do Lobo (PRG 109).
Nela gozaremos da natureza que hai arredor do río Verdugo, pero tamén de moitos elementos etnográficos: muíños, cruceiros ben conservados e un fermoso peto de ánimas ou peto das almiñas.
Tedes toda a información da ruta aquí.
E tamén podedes ver o seu mapa aquí.