

O noso grupo D, acadou o primeiro posto no Campionato Provincial XOGADE, que se celebrou en Arteixo este domingo, 10 de maio.
As nosas patinadoras e patinador 🙂 defenderon á perfección a súa coreografía “Proporción Áurea” e acadaron unha puntuación de 43,1 superando o AD. Liceo (40,7) e CP. Riveira (35,2)
Dende o Club queremos felicitalos polo seu traballo e compromiso e tamén, por suposto, os pais que foron animalos e a disfrutar da súa actuación!