cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
12
OUT
2026

18/10/2026. Ruta panorámica pola Serra do Galleiro (Vigo)

Posted By :
Comments : Off

É esta unha ruta con excelentes vistas, pero esixente pola distancia, desnivel e porque nalgún momento teremos que deixar os bastóns para subir entre as rochas graníticas do monte.

O punto forte do día serán as espectaculares vistas panorámicas  da Ría de Vigo (Illas Cíes, Illa de Toralla e Enseada de San Simón), Val do Maceiras, Redondela e comarca de Ponteareas, Mondariz…

Na segunda parte da ruta haberá algunha subida algo forte, mentres camiñamos cara a cima dos Altos do Salgueirón (597m) e do Galleiro (731 m) que constitúe o punto máis alto.

Aquí tedes toda a información

Este é o seu mapa

Feita a ruta, aquí tedes dous albumes de fotos:

Álbum 1

Álbum 2

 

About the Author