cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

05
ABR
2017

Xa te podes inscribir na Andaina dos 50 km de Santiago 2017

by :
comment : 0

CARTEL 2017 ANDAINA

Se abre o prazo para a inscripción na Andaina dos 50 Km de Santiago 2017 que organiza o CD Fontiñas.

Se queres participar na Andaina 2017 só tes que seguir os 3 pasos que a continuación detallamos:

​1. Podes inscribirte acudindo a oficina do Club Deportivo Fontiñas, cubrindo ESTE FORMULARIO, ou ben enviando un email a andaina50kmsantiago@gmail.com (non hai que enviar a ficha)

​indicando ós seguintes datos:

- Nome e apelidos da persoa que se inscribe

- DNI completo con letra

- Indicar si a persoa está ou non federada

- Só no caso de estar federado, aportar nome do clube

- Teléfono/s de contacto (móbil preferentemente)

- Dirección de correo electrónico (que se consulte habitualmente)

​2. ESPERAR A RECIBIR O EMAIL DE CONFIRMACIÓN. En canto chegue podedes realizar o pago na oficina do club ou ben, no número de conta:

C. MONTAÑA ES 97 2080-0348-36-3040010668

Indicando Nome e apelidos da persoa que aparece nos datos anteriores (a persoa que se inscribe)

​3. Este ano non se entrega ficha de inscripción en papel. Sen embargo, participar na Andaina dos 50 km de Santiago 2017 levará implícita a aceptación dos termos e condicións que aparecen no tríptico informativo e da información que aparece a continuación. O día da proba se asinará un documento dando conformidade ao recoller o dorsal:

​PROTECCIÓN DE DATOS

A inscrición nesta actividade leva implícita formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de datos e, polo tanto o asinante acepta que, de

conformidade coa normativa de Protección de Datos persoais, autoriza a comunicar os datos que nos facilita, para ser incluídos nun ficheiro cuxa titularidade corresponde o Club

Deportivo Fontiñas, coa finalidade de recibir información particular sobre esta actividade e, en xeral, sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas co mesmo.

Informamos que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación escrita dirixida o Club Deportivo Fontiñas

(Rúa Varsovia 4C – 4ºB. 15707 Santiago de Compostela), anexando unha copia do DNI.

4. Prezos e prazos de inscrición:

1º PRAZO: dende o 3 ata o 23 de ABRIL de 2017 (ambos inclusive)

***PREZOS: Federados 14€/ NON federados 17€​

*** IMPORTANTE: a cantidade a pagar a marca a data do pago, e non a da inscripción por correo electrónico, a do formulario da web, nin a da oficina. Qué é o que quere dicir isto? Si fas a inscripción antes do 24 de abril e non fas o pago neste prazo, terás que pagar os 20 euros.

2º PRAZO: dende o 24 DE ABRIL  ata o 2 DE MAIO de 2017 (ambos inclusive)

PREZO ÚNICO: 20€

*** RECORDADE LEVAR O DÍA DA ANDAINA O DNI, A LICENZA FEDERATIVA E COMPROBANTE DE PAGO

Un ano máis queremos agradecer a confianza depositada en nós aos colaboradores:

CARTEL 2017 ANDAINA patr

Deja un comentario

*

captcha *