cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

04
ABR
2018

Novos prezos para inscribirse na Andaina dos 50 km

by :
comment : 0

Cartel Andaina 2018 - copia

A Andaina dos 50 km de Santiago continúa cuns prezos de inscripción de 14 euros para federados e 16 para non federados ata o vindeiro 27 de abril.

Se queres participar na Andaina 2018 só tes que seguir os 3 pasos que a continuación detallamos:

1. Podes inscribirte acudindo a oficina do Club Deportivo Fontiñas, cubrindo ESTE FORMULARIO, ou ben enviando un email a andaina50kmsantiago@gmail.com (non hai que enviar a ficha)

indicando ós seguintes datos:
- Nome e apelidos da persoa que se inscribe
– DNI completo con letra
– Indicar si a persoa está ou non federada
– Se formas parte de algún clube. a qué clube pertences?
– Teléfono/s de contacto (móbil preferentemente)
– Dirección de correo electrónico (que se consulte habitualmente)

2. ESPERAR A RECIBIR O EMAIL DE CONFIRMACIÓN. En canto chegue podedes realizar o pago na oficina do club ou ben, no número de conta:
C. MONTAÑA ES 97 2080-0348-36-3040010668
Indicando Nome e apelidos da persoa que aparece nos datos anteriores (a persoa que se inscribe)
No concepto debe aparecer “50 KM”

3. Este ano non se entrega ficha de inscripción en papel. Sen embargo, participar na Andaina dos 50 km de Santiago 2018 levará implícita a aceptación dos termos e condicións que aparecen no tríptico informativo e da información que aparece a continuación. O día da proba se asinará un documento dando conformidade ao recoller o dorsal:

PROTECCIÓN DE DATOS

A inscrición nesta actividade leva implícita formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de datos e, polo tanto o asinante acepta que, de

conformidade coa normativa de Protección de Datos persoais, autoriza a comunicar os datos que nos facilita, para ser incluídos nun ficheiro cuxa titularidade corresponde o Club

Deportivo Fontiñas, coa finalidade de recibir información particular sobre esta actividade e, en xeral, sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas co mesmo.

Informamos que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación escrita dirixida o Club Deportivo Fontiñas

(Rúa Varsovia 4C – 4ºC. 15707 Santiago de Compostela), anexando unha copia do DNI.



4. Prezos e prazos de inscrición:

1º PRAZO: dende o 12 ata o 31 de MARZO de 2018 (ambos inclusive)
***PREZOS: Federados 10€/ NON federados 12€
2º PRAZO: dende o 1 ata o 26 DE ABRIL de 2018 (ambos inclusive)
***PREZOS: Federados 14€/ NON federados 16€
3º PRAZO: dende o 27 de ABRIL ata o 2 de MAIO de 2018 (ambos inclusive)
PREZO ÚNICO: 20€

*** IMPORTANTE: a cantidade a pagar a marca a data do pago, e non a da inscripción por correo electrónico, a do formulario da web, nin a da oficina. Qué é o que quere dicir isto? Si fas a inscripción antes do 27 de abril e non fas o pago neste prazo, terás que pagar os 20 euros.

*** RECORDADE LEVAR O DÍA DA ANDAINA O DNI, A LICENZA FEDERATIVA E COMPROBANTE DE PAGO

Deja un comentario

*

captcha *