cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

19
ABR
2016

Ruta Montañeiros Galegos polo Nepal

by :
comment : 0

MGxNepal_Logo1

O 24 de abril o colectivo “Montañeiros galegos polo Nepal”, coincidendo co aniversario do terremoto no Himalaya, organiza unha ruta de 13km aproximadamente e unha serie de actos en Santiago de Compostela, totalmente GRATUITOS e abertos a toda a cidadanía.

PROGRAMA DO DÍA:

- 9.30: recepción dos participantes na andaina en Castiñeiro do Lobo, Ames

- 10.00: inicio de andaina do Camiño de Fisterra (12,7 km, 4 horas)

- 14.00: chegada á Praza do Obradoiro; recepción polas autoridades municipais

- 14.30: duchas no pavillón “Lorenzo de la Torre”

- 15.00: xantar conxunto na contorna do pavillón. Cada persoa levará a súa comida

16:00h ACTUACIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL:

- 16.15: presentación do documental “Código 8848. Nepal”

- 17.00: Conferencia de María Climent, de SOS Himalaya, e video “La voz de Iñaki”

- 18.00: Resumo de actividades de “Montañeiros galegos polo Nepal”

- 18.30: actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés

- 19.30: peche

Para os socios que queiran participar na andaina, o CD Fontiñas porá un autobús que os levará a Castiñeiro do Lobo.

Os puntos de recollida: 09:00 h no Centro sociocultural de Fontiñas e 09:15 h, na Praza de Vigo.

O prezo: 5 euros federados / 8 euros non federados.

IMPORTANTE:

A forma de anotarse é a de sempre; enviando un correo electrónico a cdfontimontana@gmail.com

Acerca del autor

Deja un comentario

*

captcha *