cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

- Para participar nas actividades do club, é obrigatorio ser socio e estar ó día no pago da cuota.

- O prezo actual é de 30 € por tempada.

- A temporada vai dende o mes de setembro de un ano ata o mes de setembro do seguinte (é cando habría que renovar mediante o pago, si se desexa seguir participando nas actividades que organiza o club)

- Os novos socios, deberán pasar pola oficina do club a cubrir unha ficha cos seus datos e pagar a cuota.

- As persoas que foran socias o ano anterior, poderán renovar a cuota mediante transferencia bancaria, si lles é máis cómodo.

- Rógase gardar todos os recibos de pago, sobre todo os de cuota de socio, seguros e mensualidades de patinaxe.

- Todas as personas que participen nunha actividade do club, teñen que estar aseguradas mediante os respectivos seguros federativos (patinaxe e montaña) ou os seguros deportivos que teñamos contratados para as actividades.

- Agradécese que, si se produce algunha baixa, sexa na actividade de patinaxe, ou en algunha saída de sendeirismo/montaña, se comunique por correo electrónico preferentemente, para unha mellor organización e así deixar a praza para outra persoa interesada.

Calquera dúbida, queixa ou suxerencia sobre estas normas, pode poñerse en contacto con el club telefónicamente ou mediante correo electrónico.