cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

NORMAS XERAIS DA SECCIÓN DE MONTAÑA

 Todo aquel que desexe facer saídas co CD. Fontiñas terá que ser socio do club. Os NON SOCIOS (socios temporais) só poderán realizar un máximo de dúas rutas de sendeirismo dun día (domingo).

A partir destas dúas saídas, será necesario facerse socio e estar asegurado mediante licenza federativa de montaña ou seguro propio para cada saída (ver apartado licenza federativa / seguro deportivo).

IMPORTANTE: É PRECISO ESTAR O CORRENTE NO PAGO DA CUOTA DE SOCIO E ESTAR ASEGURADO PARA PODER ANOTARSE ÁS SAÍDAS.

Cómo norma xeral, ábrese o prazo para anotarse o luns da mesma semana que se realiza a ruta.

En casos especiais, como viaxes de máis días, se concretará outra data atendendo ás necesidades de organización.

O pago das saídas farase como día límite o XOVES da mesma semana ás 20:30 h (hora de peche da oficina), por motivos de organización.

Si se producira algunha baixa, antes das 20:30 h do xoves e se fixo o pago, se devolverá o importe da saída. Despois do xoves, non procede devolución.

As baixas deben informarse por correo electrónico cdfontimontana@gmail.com, para que quede constancia da data de comunicación.

NON SE COBRARÁN AS SAÍDAS NO AUTOBÚS.

É IMPORTANTE LEVAR O RECIBO CONFORME SE FIXO O  PAGO NA OFICINA OU POLO BANCO. (ver apartado CÓMO APUNTARSE)

É fundamental a puntualidade. Tras 5 minutos de “cortesía” arrancará o autobús.
Nas saídas é preciso levar a licenza federativa en vigor e o DNI.

No club tenemos “convenios de reciprocidade” con outros clubes de montaña, por lo que podedes participar nas súas saídas, nas mesmas condicións que os seus propios socios:

-       Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña: 981 21 31 15

-       Club Montaña Ferrol: 981 35 58 69

-       Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo 609 713 646

ALQUILER DE MATERIAL DE MONTAÑA OS SOCIOS:

O club pon a disposición dos socios material de montaña (piolet, crampones, arneses, cascos e raquetas de neve).

Este material está pensado para aqueles que se están iniciando nunha actividade e non saben si lles vai gustar ou non, antes de mercar material propio.

Alquílase dúas veces por tempada e socio.

Debe ser devolto limpo e en boas condicións no prazo máximo dunha semana a partir da data de entrega.

O club resérvase o dereito a non alquilar no caso de que  alguna actividade programada precise dese material.

Cobraránse 15 € no momento do alquiler. Dos 15 €, devolveránse 10 € en caso de que o material se entregue en perfectas condicións e 5 € quedarán en concepto de alquiler.

 

Regulamento

No seguinte enlace, danse a coñecer as normas e regulamento de actividades, guías e material da sección de montaña:

Regulamento-CDFontinas

INSTRUCCIÓNS E CONSELLOS PARA AS SAÍDAS

 Cómo norma xeral, as saídas do club, levarán dous guías.

 Os participantes atenderán ás instruccións dos guías e porán no seu coñecemento calqueira incidente.

 Hai un teléfono de emerxencias para as saídas 649 26 40 82  (só estará operativo nese momento e non serve para realizar ningún outro tipo de xestións)  

 Para evitar romper o ritmo ou perderse deberás ter en conta:

 - Nunca adiantes ós guías salvo que estos o indiquen.

- Si paras por algunha causa avisa a un compañeiro e o guía.

- Nos cruces e desvíos, antes de continuar o percorrido, indicar o camiño o grupo que vaia atrás ou esperar por eles.

- En caso de transitar por carreteira, camiña pola esquerda e en fila.

 Material aconsellado:

- Botas resistentes á augua.

- Chubasqueiro ou capa e pantalón de augua.

- Roupa de abrigo.

- Mochila mediana.

- Comida e cantimplora con augua.

- Bolsa para a basura.

- Bastóns.

É fundamental a puntualidade. Tras 5 minutos de “cortesía” arrancará o autobús.
Nas saídas é preciso levar a licenza federativa e o DNI.