cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928

INSTRUCCIÓNS E CONSELLOS PARA AS SAÍDAS

 Cómo norma xeral, as saídas do club, levarán dous guías.

 Os participantes atenderán ás instruccións dos guías e porán no seu coñecemento calqueira incidente.

 Hai un teléfono de emerxencias para as saídas 649 26 40 82  (só estará operativo nese momento e non serve para realizar ningún outro tipo de xestións)  

 Para evitar romper o ritmo ou perderse deberás ter en conta:

 - Nunca adiantes ós guías salvo que estos o indiquen.

- Si paras por algunha causa avisa a un compañeiro e o guía.

- Nos cruces e desvíos, antes de continuar o percorrido, indicar o camiño o grupo que vaia atrás ou esperar por eles.

- En caso de transitar por carreteira, camiña pola esquerda e en fila.

 Material aconsellado:

- Botas resistentes á augua.

- Chubasqueiro ou capa e pantalón de augua.

- Roupa de abrigo.

- Mochila mediana.

- Comida e cantimplora con augua.

- Bolsa para a basura.

- Bastóns.

É fundamental a puntualidade. Tras 5 minutos de “cortesía” arrancará o autobús.
Nas saídas é preciso levar a licenza federativa e o DNI.