cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

A actividade de patinaxe artística  está dividida en diferentes grupos según o nivel e idade dos patinadores. Por un lado, temos dous grupos de iniciación, tres de perfeccionamento, tres de competición e un de adultos.

GRUPOS DE INCIACIÓN

GRUPO A. Grupo de iniciación que acolle os nenos dende os 4 ata os 9 anos (aprox), que comezan a dar os primeiros pasos sobre rodas

GRUPO B. Grupo transitorio entre o grupo A e o grupo C. Patinadores entre os 9 e os 10 anos (aprox), que teñen o nivel suficiente como para ir pasando a grupos de perfeccionamento (este grupo persigue os mesmos obxectivos que o grupo C)

GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO

GRUPO C. Patinadores entre os 11 e os 12 anos (aprox). Patinadores que coñecen as figuras básicas e comezan con elementos de maior dificultade

GRUPO D. Patinadores con idades a partir dos 12 anos en diante (aprox). Con capacidade para asistir a competicións en idade escolar. Comezan neste grupo a coñecer as distintas modalidades de patinaxe artística, como a modalidade de individual e grupo Show

GRUPOS COMPETICIÓN

GRUPO INDIVIDUAL. Este grupo está formado por patinadores dos grupos de perfeccionamento que teñen o nivel que requiren as competicións individuais organizadas pola Federación Galega de patinaxe. Os integrantes deste grupo son elexidos pola adestradora.

GRUPO ESCOLA DE SHOW. Os integrantes deste grupo son elexidos pola adestradora

GRUPO SHOW XUVENIL. O grupo de Xuvenil está formado por integrantes do Grupo D, con capacidade para defender unha coreografía de show e obter o nivel técnico que requiren as competicións organizadas pola FGP

GRUPO SHOW PEQUENO. Este grupo está formado polas patinadores Senior do club. Dende os 18 anos en diante.