cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

21
ABR
2017

Aproveita os prezos reducidos de inscrición na Andaina dos 50 km de Santiago de Compostela

by :
comment : 0

O 23 de abril remata o primeiro prazo de inscrición, e xa no segundo prazo, o prezo será único de 20 euros, tanto para federados como para non federados. Así que soamente quedan 4 días de prezo reducido.

*** PRAZOS DE INSCRICIÓN:

*** 1º PRAZO: Dende o 3 ata o 23 DE ABRIL de 2017
*** 2º PRAZO: Dende o 24 DE ABRIL e ata o 2 DE MAIO de 2017

*** IMPORTANTE: a cantidade a pagar a marca a data do pago, e non a da inscripción por correo electrónico, a do formulario da web, nin a da oficina. Qué é o que quere dicir isto? Si fas a inscripción antes do 24 de abril e non fas o pago neste prazo, terás que pagar os 20 euros.

__________________________________________________

- Os PREZOS no primeiro prazo son:

Para FEDERADOS: 14€
Para NON FEDERADOS: 17€

- No segundo prazo, o PREZO para inscribirse na andaina será de 20€ (prezo único)

Podes inscribirte picando aquí

Recibirás un correo de confirmación.

Só despois da recepción do correo de confirmación, lembra que tes que facer o pago antes do 24 de abril para aproveitar o prezo reducido.

Máis información picando abaixo na imaxe.

CARTEL 2017 ANDAINA

Deja un comentario

*

captcha *