cdfontinaspatinaje@gmail.com|cdfontimontana@gmail.com
981 577 928
es

galego

27
ABR
2017

Andaina 2017 Normas xerais

by :
comment : 0

CARTEL 2017 ANDAINA

Andaina 2017 Normas xerais

  • Os participantes inscritos, salvo que fagan soamente o segundo bucle, presentaranse en Fontiñas (Área Central) ás 08:15 h. do sábado 6 de maio. Os que fagan soamente o segundo bucle terán a saida controlada ás 15:30 h. en Fontiñas (Área Central).
  • Pode deixarse unha mochila/bolsa con roupa para cambiarse ao final. Este material deberá recollelo o propio participante, ou ben outra persoa a condición de que se indique o seu nome no momento de deixala.
  • Ao comezar a proba hai un tramo urbano neutralizado e guiado. non se adiantará ao guía ata que se indique.
  • Para puntuar, tes que rematar os 50 Km. Se ese non é o teu obxectivo, podes adaptala ás túas posibilidades.
  • A organización recollerá en cada un dos postos de control, aproximadamente cada 10 km, aos participantes que abandonen nese punto.
  • A organización non se fai responsable da sinalización dos tramos fóra do seu horario de apertura e peche. Dentro do devandito horario, marcarase o paso dos participantes no dorsal que levan para o efecto.
  • Pasar fóra de horario, ou non marcar o paso por algún dos postos de control, é motivo de invalidación; neste caso poderase seguir participando fóra da proba oficial e por tanto de forma non puntuable para o Campionato Galego.
  • Os menores de idade terán que vir acompañados dun adulto responsábel de eles.

Xa sabes:

A META POLA TI!!!

Inscríbete!!!

Deja un comentario

*

captcha *